


O Concello da Coruña desexa optar á convocatoria impulsada por red.es para o desenvolvemento de edificios intelixentes. Con esta iniciativa quérese dotar aos edificios da cidade de sensores que se comuniquen coa plataforma Smartcity Coruña, transmitindo datos que xeren novo coñecemento enfocado tanto a unha xestión máis eficiente da cidade como a xerar novos servizos aos cidadáns.


Esta iniciativa concorda coa visión do concello de mellorar a calidade urbana e a calidade de vida dos coruñeses potenciando unha cidade sustentable e eficiente con espazos públicos de gran calidade.
Para optar á convocatoria débese presentar un proxecto piloto onde se indiquen os sensores e servizos que se prestarán mediante as devanditas tecnoloxías. O concello, seguindo a súa política de apertura e participación cidadá, desexa involucrar á cidadanía o proceso de definir e elixir sensores e servizos a prestar.

É por isto que se convida á cidadanía para achegar ideas, mediante talleres cidadáns e a participar na enquisa online que se pon a disposición nesta páxina. Entre todas as ideas achegadas redactarase o proxecto piloto para presentar á convocatoria.


